Fran Quiroga

Fran Quiroga

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Xestor cultural e investigador

Investigador transdisciplinar. É licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, con estudos nas universidades de Cork, Minho, A Coruña e Granada. Actualmente é o coordinador xeral de Concomitentes, unha produtora de arte cidadá. Dirixiu investigacións como Ruraldecolonizo (MUSAC-CGAC), Fiestas Raras (Imagina Madrid, Matadero) ou o #salóndoMARCO (MARCO de Vigo). Durante seis anos coordinou a rede de investigación en agroecoloxía da USC e UVIGO. Ten traballado para institucións como o Consello da Cultura Galega, Medialab Prado, HANGAR, Fundación Daniel y Nina Carasso, New European Bauhaus, Ministerio de Cultura y Deporte ou a Fundación Luis Seoane, entre outras. É profesor visitante en tres masters de xestión cultural e coeditor dos libros “Mutaciones en el espacio público” ou “La fiesta, lo raro y el espacio publico” ambos editados por Bartlebotth.


MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR: http://franquiroga.gal/gl/
CONTACTO: fran.g.quiroga@gmail.com

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar